Camino de Santiago - Sù e jù pe Galizie
A son i ultins chilometris prin di rivâ, ducj sù e jù, ducj pardabon biei, passant tal mieç di boscs di cjastenârs, rôi e eucaliptus.
- Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
- Demos, trasgos e diaños,
- espíritos das neboadas veigas.
- Corvos, píntegas e meigas:
- feitizos das menciñeiras.
- Podres cañotas furadas,
- fogar dos vermes e alimañas.
- Lume das Santas Compañas,
- mal de ollo, negros meigallos,
- cheiro dos mortos, tronos e raios.
- Ouveo do can, pregón da morte;
- fuciño do sátiro e pé do coello.
- Pecadora lingua da mala muller
- casada cun home vello.
- Averno de satán e belcebú,
- lume dos cadáveres ardentes,
- corpos mutilados dos indecentes,
- peidos dos infernais cus,
- muxido da mar embravecida.
- Barriga inútil da muller solteira,
- falar dos gatos que andan á xaneira,
- guedella porca da cabra mal parida.
- Con este fol levantarei
- as chamas deste lume
- que asemella ao do Inferno,
- e fuxirán as bruxas
- a cabalo das súas vasoiras,
- índose bañar na praia
- das areas gordas.
- ¡Oíde, oíde! os ruxidos
- que dan as que non poden
- deixar de queimarse no augardente
- quedando así purificadas.
- E cando este beberaxe
- baixe polas nosas gorxas,
- quedaremos libres dos males
- da nosa alma e de todo embruxamento.
- Forzas do ar, terra, mar e lume,
- a vós fago esta chamada:
- se é verdade que tendes máis poder
- que a humana xente,
- eiquí e agora, facede que os espíritos
- dos amigos que están fóra,
- participen con nós desta Queimada.